In the Court of the Crimson King | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de King Crimson | ||||
Publicado | 10 de outubro de 1969 | |||
Gravación | xullo - agosto de 1969 | |||
Estudio(s) | Wessex Sound Studios, Londres | |||
Duración | 43:53 | |||
Xénero(s) | rock progresivo | |||
Selo(s) | E.G./Island (RU) Atlantic (EEUU) | |||
Produtor | King Crimson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
In the Court of the Crimson King foi o álbum de estrea da banda de rock progresivo británica King Crimson, editado o 10 de outubro de 1969. O disco acadou o número 5 nas lista británicas[1], e foi certificado ouro nos Estados Unidos.
O álbum é considerado como un dos mellores do xénero do rock progresivo, onde King Crimson se desfai das bases de blues do rock e mestura jazz e elementos sinfónicos clásicos. No seu libro de 1997 Rocking the Classics, o crítico e musicólogo Edward Macan destacou que In the Court of the Crimson King "pode ser o álbum de rock progresivo máis influente xamais editado". Pete Townshend de The Who falou do disco como "unha obra mestra extraordinaria". Na edición especial das revistas Q e Mojo Pink Floyd & The Story of Prog Rock, o álbum foi situado no número 4 da súa lista "40 Cosmic Rock Albums". O traballo foi incluído na lista da revista Classic Rock "50 Albums That Built Prog Rock".
O álbum foi remasterizado e reeditado en vinilo e CD varias veces durante os 80 e os 90. Todas esas versións estaban baseadas en copias de varias xeracións das cintas orixinais. A primeira xeración da orixinal pensábase desaparecida, pero foi localizada nun almacén no ano 2003. Isto permitiu a realización de versións melloradas en CD.
Novamente, en novembro do 2010 o álbum foi reeditado tanto en vinilo como en CD con aprobación de Robert Fripp. A remasterización foi realizada por Steven Wilson, da banda Porcupine Tree.