Inheritance | |
---|---|
Título orixinal | Inheritance |
Autor/a | Christopher Paolini |
Ilustrador/a | John Jude Palencar |
Cuberta | John Jude Palencar |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Colección | Inheritance Cycle |
Xénero(s) | Ficción xove-adulto Fantasía |
Editorial | Alfred A. Knopf |
Data de pub. | 8 de novembro de 2011 |
Páxinas | 860 |
Precedido por | Brisingr |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inheritance é o cuarto e último libro do Inheritance Cycle escrito polo americano Christopher Paolini.
O Inheritance Cycle foi orixinalmente concibido como unha triloxía, pero Paolini comentou que durante a creación do terceiro, o tamaño de Brisingr medrou, e o libro foi dividido en dúas partes que foron publicadas por separado. Debido a isto, moitos elementos da trama previsto orixinalmente para Brisingr, atópanse en Inheritance.[1]
Dende a realización de Inheritance, Paolini expresou o seu interese na futura expansión de Alagaësia e do Inheritance Cycle. Nunha entrevista, fala sobre un potencial quinto libro, unha precuela centrada arredor do personaxe de Brom, e dixo que ten previsto arredor de sete historias máis ambientada en Alagaësia, e unha delas é de feito unha serie.[2]