Os inhibidores da acetilcolinesterase (AChEIs) con frecuencia chamados con menos precisión inhibidores da colinesterase,[1] inhiben o encima acetilcolinesterase ao degradaren por hidrólise o neurotransmisor acetilcolina en colina e acetato,[2] facendo incrementar desta maneira o nivel e a duración da acción da acetilcolina no sistema nervioso central, ganglios autónomos e unións neuromusculares, que son ricos en receptores da acetilcolina.[2] Os inhibidores da acetilcolinesterase son un dos dous tipos de inhibidores da colinesterase; o outro tipo son os inhibidores da butirilcolinesterase.[2] O encima acetilcolinesterase é o membro principal da familia encimática da colinesterase.[3]
Os inhibidores da acetilcolinesterase clasifícanse como reversibles, irreversibles ou case irreversibles (tamén chamados pseudoirreversibles).[4][5]
Anestesia: Os inhibidores da colinesterase probablemente exacerban a relaxación muscular de tipo succinilcolina durante a anestesia. 5. Sisema xenitourinario: Pode ...