Identificadores | |
Símbolo | INHA |
Entrez | 3623 |
HUGO | 6065 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002191 |
UniProt | P05111 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 q33-qter |
Identificadores | |
Símbolo | INHBA |
Símbolos alt. | activin A |
Entrez | 3624 |
HUGO | 6066 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002192 |
UniProt | P08476 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 7 p15-p13 |
Identificadores | |
Símbolo | INHBB |
Símbolos alt. | activin B |
Entrez | 3625 |
HUGO | 6067 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002193 |
UniProt | P09529 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 cen-q13 |
A inhibina ou folistatina é unha hormona proteica que xoga un papel fundamental na menstruación. Durante o ciclo menstrual, nos ovarios das mulleres inician o seu desenvolvemento regularmente unha ou dúas decenas de folículos primordiais e a inhibina ten a función de deter o crecemento de todos eles agás un, que será o folículo preovulatorio que liberará un óvulo durante o ciclo menstrual. A inhibina, que é abondosa nos folículos máis pequenos, contribúe a deter a síntese e secreción pola hipófise ou pituitaria da hormona estimulante dos folículos (FSH), que é esencial no ciclo menstrual.[1]
Fórmase na hipófise e encóntrase tamén no líquido folicular dos folículos ováricos. Cando unha muller está embarazada produce tamén inhibina na placenta. Non se sintetiza homoxeneamente ao longo do tempo senón en forma de pulsos, en certos momentos do ciclo ovárico. En xeral a cantidade de inhibina no sangue varía de maneira similar á de estróxenos. Deste modo, a inhibina A segrégase a metade da fase lútea do ciclo ovárico, é dicir, unha semana despois da ovulación, entanto que a inhibina B se segrega dúas veces, unha na ovulación e outra ao inicio da fase folicular do ciclo ovárico, aproximadamente durante unha semana desde que se ten a menstruación cada mes. A inhibina diminúe drasticamente no corpo da muller a partir da menopausa.
Os homes producen hormonas similares á inhibina no seu aparato reprodutor.
A inhibina regula o ciclo menstrual conxuntamente coa activina, unha hormona proteica moi relacionada con ela e con estrutura química parecida (unha das subunidades é igual). A inhibina e a activina teñen efectos opostos.