A inmunidade causada por efector ou inmunidade desencadeada por efector (abreviada na literatura inglesa como ETI, de Effector-triggered immunity) é unha propiedade do sistema inmunitario innato. A inmunidade causada por efector foi identificada primeiramente en plantas,[1][2] pero tamén se identificou en células animais.[3]
O sistema inmunitario innato é común a todos os organismos multicelulares e forma a primeira liña de defensa contra os patóxenos. As células infectadas recoñecen que están sufrindo un ataque ao detectaren o patóxeno directamente por medio dos padróns moleculares asociados a patóxenos (PAMPs) que ten este, que se unen a receptores de recoñecemento de padrón (PRRs) das células do hóspede. As células do hóspede tamén recoñecen o patóxeno por inmunidade causada por efector,[4] na cal as células do hóspede son alertadas da presenza do patóxeno polos danos causados polas toxinas ou moléculas efectoras do patóxeno.
↑Spoel, SH (February 2012). "How do plants achieve immunity? Defence without specialized immune cells.". Nature Reviews Immunology12: 89–100. PMID22273771. doi:10.1038/nri3141.