![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![]() ![]() Logotipo de Instagram | |
![]() ![]() | |
Tipo | Fotografía e vídeo |
Fundación | 6 de outubro de 2010 (14 anos) |
Fundador | Kevin Systrom Mike Krieger |
Industria | Internet |
Na rede | |
https://www.instagram.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Instagram foi creada por Kevin Systrom e Mike Krieger e foi lanzada en outubro de 2010. A aplicación gañou popularidade de forma doada, con máis de 100 millóns de usuarios activos en abril do 2012 e superou os 300 millóns en decembro de 2014.[1] Instagram foi deseñada orixinalmente para iPhone e á súa vez dispoñíbel para os seus irmáns iPad e iPod co sistema iOS 3.0.2 ou superior. A principios de abril de 2012, publicouse unha versión para Android.
A partir da versión 4.0 a aplicación permite ao usuario a toma de filmes cunha duración máxima de 15 segundos. Esta nova ferramenta inclúe estabilización de imaxe.