Instituto da Lingua Galega | |
---|---|
Sede do ILG | |
Tipo | instituto de investigación e regulador lingüístico |
Data de fundación | 1971 |
Director/a | Xosé Luís Regueira, Ernesto Xosé González Seoane, Rosario Álvarez Blanco, Antón Santamarina, Constantino García e Elisa Fernández Rei |
Premios | Premio Otero Pedrayo e Medalla de Ouro de Galicia |
Sede | Santiago de Compostela |
Enderezo | Praza da Universidade, 4. 15782 |
País | Galicia |
Na rede | |
http://ilg.usc.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971[1][2] para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640[3].