Insulto

Un insulto[1] é unha palabra que se utiliza polo emisor coa intención de magoar ou ofender a outro individuo como tal. Que constitúe ou non un insulto é difícil de determinar con precisión, xa que se acha suxeito a convencionalismos sociais e culturais. Antropoloxicamente, que constitúe ou non un insulto soamente pode ser definido no nivel émico das ciencias sociais. Tamén, dentro da pragmática, e concretamente da teoría dos actos de fala, pode exporse que constitúe ou non un insulto.

Xeralmente o insulto é unha práctica social desaprobada e rexeitada. Con frecuencia o insulto refírese á sexualidade, aos proxenitores, aparencia, discapacidades físicas ou ás capacidades mentais da persoa a quen se dirixe o insulto; en resumo, calquera cousa que poida ofender ou molestar a aquel ao que vai dirixido.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para insulto.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne