Unha integrase retroviral (IN), frecuentemente denominada integrase, é un encima producido por un retrovirus (como o VIH) que integra (formando enlaces covalentes) a súa información xenética na da célula hóspede que infecta.[1] As INs retrovirais non se deben confundir coas integrases de fagos (recombinases) usadas en biotecnoloxía, como a integrase do fago λ utilizada na recombinación específica de sitio. Por outra parte, os retrotransposóns con LTR conteñen unha polimerase con varias actividades, entre elas a de integrase.
O complexo macromolecular dunha macromolécula de IN unida aos extemos do ADN viral foi denominado intasoma; a IN é un compoñente clave deste complexo e do complexo de preintegración retroviral.[2]
- ↑ Beck BJ, Freudenreich O, Worth JL (2010). "Patients with Human Immunodeficiency Virus Infection and Acquired Immunodeficiency Syndrome". Massachusetts General Hospital Handbook of General Hospital Psychiatry. Elsevier. pp. 353–370. ISBN 9781437719277. doi:10.1016/b978-1-4377-1927-7.00026-1.
- ↑ Masuda T (2011). "Non-Enzymatic Functions of Retroviral Integrase: The Next Target for Novel Anti-HIV Drug Development". Frontiers in Microbiology 2: 210. PMC 3192317. PMID 22016749. doi:10.3389/fmicb.2011.00210.