Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Debido á multiplicidade de pais que tivo a intelixencia artificial, non hai un consenso para definir ese concepto, mais podemos dicir que a intelixencia artificial encárgase de modelar a intelixencia humana en sistemas computacionais.
Pode dicirse que a intelixencia artificial é unha das áreas máis fascinantes e con máis retos das ciencias da computación, na súa área de ciencias cognoscitivas. Naceu como mero estudo filosófico e razonístico da intelixencia humana, mesturada coa inquietude da humanidade por imitar a natureza circundante (como voar e nadar), ata inclusive querer imitarse a si mesma. En resumo, a intelixencia artificial procura imitar a intelixencia humana. Obviamente non o logrou aínda, ao menos non completamente.
Existen cinco puntos de vista principais sobre estes sistemas: