Interestatal 20 | |
---|---|
Rede | Interestatal |
Dimensións | |
Lonxitude | 2477,6 [1] km1539,5 mi |
Localización | |
Inicio | Texas |
Fin | Carolina do Sur |
Lugares que atravesa
|
A estrada Interestatal 20 ( Abreviado I-20 ) é unha autoestrada Interestatal de trazado leste-oeste no sur dos Estados Unidos. Comeza preto de Kent (Texas), na estrada Interestatal 10 e discorre ata a estrada Interestatal 95 en Florence (Carolina do Sur). Entre Texas e Carolina do Sur a I-20 cruza os estados de Luisiana, Mississippi, Alabama e Xeorxia. Crúzase con sete das 10 principais estradas interestatais de trazado norte-sur (todas excepto a I-5 , I-15 e I-25 ) e tamén coas rutas interestatais I-10 e I-30 .