Interestatal 26 | |
---|---|
Rede | Interestatal |
Dimensións | |
Lonxitude | 562 [1] km349 mi |
Localización | |
Inicio | Tennessee |
Fin | Carolina do Sur |
Lugares que atravesa
|
A Interestatal 26 (abreviada I-26) é unha autoestrada interestatal de trazado este-oeste situada nos Estados Unidos, cruza os estados de Tennessee, Carolina do Norte e Carolina do Sur. A autoestrada inicia no Oeste no cruzamento da US 11W e a US 23 en Kingsport, TN, segue cara ao sueste e finaliza na US 17 en Charleston, SC.[2] A parte entre Mars Hill e Asheville en Carolina do Norte está sinalada como "FUTURE I-26" xa que a autoestrada aínda non cumpre con todos os estándares esixidos nunha estrada interestatal. Ten unha lonxitude de 562 km (349mi).[3]