Interleucina 4 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Análise da estrutura en solución da interleucina humana 4 determinada por técnicas de resonancia magnética nuclear tridimensionais. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | IL4 | ||||||||
Pfam | PF00727 | ||||||||
Pfam clan | CL0053 | ||||||||
InterPro | IPR002354 | ||||||||
PROSITE | PDOC00655 | ||||||||
SCOPe | 2int / SUPFAM | ||||||||
|
A interleucina 4 (IL-4 ou IL4) é unha citocina do grupo das interleucinas que induce a diferenciación das células T colaboradoras virxes (células Th0) a células Th2. Unha vez que as células Th2 foron activadas pola acción da IL-4, estas producen cantidades adicionais de IL-4 nun bucle de retroalimentación positiva. A célula que produce inicialmente a IL-4, e que causou así a diferenciación da Th0, non foi aínda identificada con certeza, pero estudos recentes indican que estas células efectoras poden ser os basófilos.[1] A IL-4 está estreitamente relacionada coa interleucina 13 e ambas as dúas teñen funcións similares.