Internet Broadway Database | |
---|---|
Tipo | base de datos en liña e sitio web |
Data de fundación | novembro de 2000 |
Na rede | |
https://www.ibdb.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.[1]
A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.[2]
Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").[3] The Broadway League recolleu esta información e as estatísticas de Broadway por moitos anos. En 1996, o Departamento de Investigación comezou a organizar e ampliar a colección de datos, co obxectivo de crear unha páxina web.