Interestellar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Interstellar |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Emma Thomas Christopher Nolan Lynda Obst |
Guión | Jonathan Nolan Christopher Nolan |
Intérpretes | Matthew McConaughey Anne Hathaway Jessica Chastain Bill Irwin Matt Damon Ellen Burstyn Michael Caine |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Hoyte van Hoytema |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | Legendary Pictures Syncopy Lynda Obst Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures (América do Norte) Warner Bros. Pictures (Internacional) |
Estrea | TCL Chinese Theatre: 26 de outubro de 2014![]() ![]() ![]() |
Duración | 169 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $165 000 000[3] |
Recadación | $675 000 000[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Interestellar é un filme británico-estadounidense de 2014 do xénero de ciencia ficción dirixido, co-escrito e co-producido por Christopher Nolan. Está protagonizado por Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Matt Damon e Michael Caine. No filme, un grupo de astronautas viaxan a través dun burato de verme na busca dun novo fogar para a humanidade. Os irmáns Christopher e Jonathan Nolan escribiron o guión, que ten a súa orixe nun guión de Jonathan desenvolvido no 2007. Nolan produciu o filme coa súa muller Emma Thomas a través da súa compañía Syncopy e con Lynda Obst a través de Lynda Obst Productions.
O fotógrafo de cine Hoyte van Hoytema rodou o filme en 35 mm (en formato anamórfico) e IMAX 70 mm. A fotografía principal tivo lugar a finais de 2013 en Alberta, Islandia e Os Ánxeles.
Estreouse en galego na TVG o 13 de setembro de 2017.[4]