- Este artigo trata sobre o intervalo na música, para ver o concepto matemático vexa Intervalo (matemáticas)
En teoría musical, chámase intervalo á distancia entre dúas notas. Os intervalos defínense partindo do nome das notas e da distancia en tons ou semitóns existente. Podemos falar de intervalos:
- ascendentes ou descendentes.
- melódicos ou harmónicos.
A maneira natural de determinar un intervalo é:
- Segundo o nome das notas, comezando a contar na nota fundamental. Entre dó e mi, habería un intervalo de terceira, porque sendo do a primeira nota, mi é a terceira. Analogamente, sol sería a terceira nota ó contar a partir de mi.
- Pola distancia. A continuación expóñense os intervalos ascendentes:
- Segunda: Maior, un ton (dó-re); menor, un semitón (dó-reb); aumentada, un ton e medio (dó-re#); diminuída, mesmo son (dó#-reb).
- Terceira: Maior, dous tons (dó-mi); menor, un ton e medio (dó-mib); aumentada, dous tons e medio (dó-mi#); diminuída, un ton (dó#-mib).
- Cuarta: Xusta, dous tons e medio (dó-fa); aumentada, tres tons (dó-fa#); diminuída, dous tons (dó#-fab).
- Quinta: Xusta, tres tons e medio (dó-sol); aumentada, catro tons (dó-sol#); diminuída, dous tons e medio (dó#-solb).
- Sexta: Maior, catro tons e medio (dó-la); menor, catro tons (dó-lab); aumentada, cinco tons (dó-la#); diminuída, tres tons e medio (dó#-lab).
- Sétima: Xusta, cinco tons e medio (dó-si); aumentada, seis tons (dó-si#); diminuída, cinco tons (dó-sib).
- Oitava: Xusta, cinco tons e dous semitons (dó1-dó2); aumentada, seis tons e medio (dó1-dó2#); diminuída, cinco tons e medio (dó1#-dó2b).
Unha táboa que resume a mencionada determinación dos intervalos pola distancia en semitóns sería a seguinte:
Tipo |
Xusta |
Maior |
Menor |
Aumentada |
Diminuída
|
Segunda |
- |
2 |
1 |
3 |
0
|
Terceira |
- |
4 |
3 |
5 |
1
|
Cuarta |
5 |
- |
- |
6 |
4
|
Quinta |
7 |
- |
- |
8 |
5
|
Sexta |
- |
9 |
8 |
10 |
7
|
Sétima |
11 |
- |
- |
12 |
10
|
Oitava |
12 |
- |
- |
13 |
11
|