A nova formación de Inti-Illimani en 2007. | |
Orixe | Santiago de Chile, Chile |
Período | 1967–2004 (histórico) 2004-presente (moderno) |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | EMI-Odeon, Picap, Warner Music, Xenophile |
Membros | Horacio Salinas José Seves Horacio Durán Jorge Coulón Max Berrú Marcelo Coulón José Miguel Camus |
Antigos membros | (1967 - 1973) Pedro Yáñez (director), Oscar Guzmán, Ciro Retamal, Ernesto Pérez de Arce (1974 - presente) Renato Freyggang, Efren Viera, Daniel Cantillana, Manuel Meriño, Christian González, Juan Flores, Cesar Jara |
Na rede | |
http://inti-illimani.cl/ | |
Inti-Illimani é un grupo musical chileno de música folk e canción protesta. Formado en 1967 por uns estudantes universitarios, acadaron certa sona no seu país pola canción Venceremos, a cal se converteu no himno do goberno de Unidade Popular de Salvador Allende. Durante o golpe de estado de 1973 estaban de xira por Europa e non foron quen de regresar ao seu país xa que a súa música estaba prohibida pola ditadura militar de Augusto Pinochet. En Europa, a súa música incorporou elementos do barroco e outras músicas tradicionais, creando un distintivo estilo de música do mundo. O grupo é quizais o máis coñecido membro do movemento da "Nueva canción". O seu nome quere dicir 'Sol do Illimani': Inti, en lingua quechua quere dicir "Sol", e Illimani, en lingua aimará, é o nome dunha montaña dos Andes bolivianos que quere dicir 'aguia dourada'.