Io capitano | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Io capitano |
Director | Matteo Garrone |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Andrea Farri[1] |
Fotografía | Paolo Carnera[1] |
Montaxe | Marco Spoletini[1] |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 6 de setembro de 2023 |
Duración | 121 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 11 millóns de euros |
Recadación | 7 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Io capitano é un filme italiano de 2023 dirixido por Matteo Garrone a partir dun guión escrito por Garrone con Massimo Gaudioso, Massimo Ceccherini e Andrea Tagliaferri.[2] O filme, unha coprodución internacional entre Italia, Bélxica e Francia, baséase nunha idea orixinal de Garrone, inspirada en historias reais das rutas africanas dos migrantes a Europa. A rodaxe tivo lugar no Senegal, Marrocos e Italia.
Io capitano competiu polo León de Ouro na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o León de Prata pola dirección de Matteo Garrone e o premio Marcello Mastroianni pola interpretación de Seydou Sarr.[3] Foi escollido como candidato de Italia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] sendo nomeado xunto a outros catro filmes.