Iphigenia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ιφιγένεια |
Director | Michael Cacoyannis |
Produtor | Michael Cacoyannis |
Guión | Michael Cacoyannis |
Baseado en | Obra de Eurípides |
Música | Mikis Theodorakis |
Fotografía | Giorgos Arvanitis |
Montaxe | Takis Yanopoulos |
Estudio | Greek Film Center |
Distribuidora | Cinema V (USA) |
Estrea | 1977 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Iphigenia (en grego: Ιφιγένεια) é un filme grego de 1977 dirixido por Michael Cacoyannis e baseado no mito grego de Ifixenia, a filla de Agamenón e Clitemnestra, a cal ten que ser sacrificada para aplacar a ira da deusa Artemisa. Cacoyannis adaptou o filme, o terceiro na súa triloxía de "traxedia grega" (despois de Electra en 1962 e Troades en 1971), a partir da obra de Eurípides Ifixenia en Áulide. O filme está protagonizado por Tatiana Papamoschou como Ifixenia, Kostas Kazakos como Agamenón e Irene Papas como Clitemnestra. A banda sonora foi composta por Mikis Theodorakis.
Iphigenia foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos premios.[1] Tamén estivo nomeado á Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1977.[2]