Irakleia ou Heraklia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal.[1] A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.