Irea[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego Eirḗnē ('paz', 'deusa da paz'), adaptado ao latín como Irene. En galego tamén ten as variantes Irene, Irena, Eirea e Erea.[2]
En xaneiro de 2023 existían 153 mulleres en Galicia co nome Irea, cunha media de idade de 14,6 anos,[3] 5 119 co nome Irene, cunha media de idade de 35,3 anos,[4] 13 co nome Irena, cunha media de idade de 29,1 anos,[5] e 562 co nome Erea, cunha media de idade de 10,2 anos.[6] Non hai persoas rexistradas coa variante Eirea.
<https://academia.gal/nomes>
.