Cumann Rugbaí na hÉireann | |
---|---|
Deporte | Rugby |
Fundación | 1879; hai 145 anos |
World Rugby | 1886 (fundador) |
Rugby Europe | 1999 |
Presidente | Nicky Comyn |
Adestr. masculino | Andy Farrell |
Adestr. feminino | Adam Griggs |
Adestrad. a sete | Anthony Eddy |
Web | www |
A Irish Rugby Football Union, IRFU (en irlandés: Cumann Rugbaí na hÉireann) é o corpo administrador do rugby en Irlanda. A IRFU ten como sede o estadio de Lansdowne Road, onde o equipo da illa xoga os seus compromisos internacionais. A Unión posúe tamén os campos de Ravenhill Stadium en Belfast, Thomond Park en Limerick e varios campos nas áreas provinciais que son alugados aos clubs.
Actualmente hai arredor de 95.000 xogadores en total na Irlanda, onde 56 clubs están afiliados á Subdivisión (Branch) de Ulster; 71 á Subdivisión de Leinster: 59 da Subdivisión de Munster e 19 á Subdivisión de Connacht. Ademais, hai 246 escolas de rugby, en Ulster (107), Leinster (75), Munster (41) e Connacht (23).