Northern Ireland (en) Tuaisceart Éireann (ga) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido ![]() | ||||
Capital | Belfast ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Antrim and Newtownabbey (en) ![]() Ards and North Down (pt) ![]() Armagh (pt) ![]() Belfast Causeway Coast and Glens (pt) ![]() Derry City and Strabane (en) ![]() Fermanagh and Omagh (en) ![]() Lisburn and Castlereagh (en) ![]() Mid and East Antrim (pt) ![]() Mid-Ulster (pt) ![]() Newry (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.852.168 (2015) ![]() | ||||
Lingua oficial | inglés lingua irlandesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.130 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Slieve Donard (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de maio de 1921 ![]() | ||||
Santo padrón | Patricio de Irlanda ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional Monarquía parlamentaria ![]() | ||||
Órgano executivo | Northern Ireland Executive (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia da Irlanda do Norte (pt) ![]() ![]() | ||||
Moeda | libra esterlina ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +35348 e +4428 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | GB-NIR ![]() | ||||
Código NUTS | UKN ![]() | ||||
![]() |
Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.
Actualmente o xefe do Estado é o rei Carlos III, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.
A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda [1] ou "os seis condados",[2] e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte)[n. 1] ou "a provincia",[3] e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente