Northern Ireland (en) Tuaisceart Éireann (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Capital | Belfast | ||||
Contén a división administrativa | Antrim and Newtownabbey (en) Ards and North Down (pt) Armagh (pt) Belfast Causeway Coast and Glens (pt) Derry City and Strabane (en) Fermanagh and Omagh (en) Lisburn and Castlereagh (en) Mid and East Antrim (pt) Mid-Ulster (pt) Newry (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.852.168 (2015) (131,08 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua irlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.130 km² | ||||
Punto máis alto | Slieve Donard (pt) (850 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de maio de 1921 | ||||
Santo padrón | Patricio de Irlanda | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional Monarquía parlamentaria | ||||
Órgano executivo | Northern Ireland Executive (en) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia da Irlanda do Norte (pt) , (Escano: 90) | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +35348 e +4428 | ||||
ISO 3166-2 | GB-NIR | ||||
Código NUTS | UKN | ||||
Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.
Actualmente o xefe do Estado é o rei Carlos III, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.
A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda [1] ou "os seis condados",[2] e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte)[n. 1] ou "a provincia",[3] e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente