Isabel I de Inglaterra

Modelo:BiografíaIsabel I de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Elizabeth I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1533 Editar o valor en Wikidata
Palácio de Placentia, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1603 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Richmond Palace, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
17 de novembro de 1558 – 24 de marzo de 1603
← María I de InglaterraXacobe VI de Escocia e I de Inglaterra →
Raíña de Irlanda
17 de novembro de 1558 (Gregoriano) – 24 de marzo de 1603
← María I de InglaterraXacobe VI de Escocia e I de Inglaterra → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Reinante Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Tudor Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Fillossen valor Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique VIII de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Ana Bolena Editar o valor en Wikidata
Irmánsmiscarried son Tudor
Henry, Duke of Cornwall
María I de Inglaterra
Henrique Fitzroy, Duque de Richmond e Somerset
Eduardo VI de Inglaterra
Henrique, Duque da Cornualha Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Speech to the Troops at Tilbury (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Елизавета I)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX977626 Musicbrainz: 4a92242a-4084-4966-803a-024c597a4db0 Discogs: 1374670 WikiTree: Tudor-1 Find a Grave: 1973 Editar o valor en Wikidata

Isabel I[1] (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess.

Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio. O matrimonio de Ana e Henrique foi declarado nulo, polo que Isabel foi considerada como filla ilexítima. O seu medio irmán, Eduardo VI, herdou o trono inglés tras a morte de Henrique VIII en 1547, e gobernou ata a súa propia morte en 1553, deixando a coroa en mans de Lady Jane Grey, ignorando as reclamacións das súas irmás Isabel e María, por medio da Terceira Acta de Sucesión. A decisión de Eduardo foi finalmente rexeitada e María converteuse na raíña. María I de Inglaterra mandou encerrar a Jane Grey na Torre de Londes, onde morreu en 1554. Pola súa banda Isabel foi encerrada baixo a sospeita de apoiar aos rebeldes protestantes.

En 1558, tras a morte de María sen herdeiros, Isabel converteuse na nova raíña. O seu reinado é coñecido como o Período isabelino ou Era Dourada. Foi un período de desenvolvemento, marcado polos primeiros pasos na fundación daquilo que sería o Imperio Británico, e pola produción artística crecente, principalmente na dramaturxia, que rendeu nomes como Christopher Marlowe e William Shakespeare. No campo da navegación, o capitán Francis Drake foi o primeiro inglés en dar a volta ao mundo, mentres no área do pensamento Francis Bacon predicou as súas ideas políticas e filosóficas. Os cambios estendíanse á América do Norte, onde se deron as primeiras tentativas de colonización, que resultaron en xeral en fracasos.

Isabel I no anverso dun soberano ca. 1558-1603.

Isabel foi unha monarca temperamental e moi decidida. Esta última característica, vista con impaciencia polos seus conselleiros, frecuentemente a mantiña lonxe de desavinzas políticas. Así como seu pai, Henrique VIII, Isabel era afeccionada a escribir, tanto prosa como poesía.

O seu reinado estivo marcado pola prudencia na concesión de honras e títulos. Soamente oito títulos maiores: un de conde e sete de barón no reino de Inglaterra, máis un baronato en Irlanda, foron creados durante o seu reinado. Isabel tamén reduciu substancialmente o número de conselleiros privados, de trinta e nove a dezanove. Máis tarde, pasaron a ser só catorce conselleiros.

A colonia inglesa de Virxinia (futuro estado norteamericano, logo da independencia dos Estados Unidos), recibiu ese nome en homenaxe a Isabel I.

  1. Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne