Escultura de Acisclo Manzano que se inspira en Isabel Zendal acollendo dous nenos. A Coruña | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Isabel Zendal Gómez ![]() 26 de febreiro de 1773 ![]() Ordes (Imperio Español) ![]() |
Morte | século XIX ![]() Puebla de Zaragoza (Imperio Español) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Vacinación e Varíola ![]() |
Ocupación | Reitora, enfermeira |
Participou en | |
30 de novembro de 1803 | Real Expedición Filantrópica da Vacina ![]() |
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.