Isis | |
---|---|
Orixe | Boston, Massachusetts, |
Período | 1997 - 2010 |
Xénero(s) | post-metal, sludge metal |
Selo(s) discográfico(s) | Ipecac, Robotic Empire, Hydra Head, Neurot, Escape Artist |
Membros | Jeff Caxide Aaron Harris Aaron Turner Michael Gallagher Bryant Clifford Meyer |
Artistas relacionados | Agoraphobic Nosebleed, House of Low Culture, Old Man Gloom, Pig Destroyer, Red Sparowes, Palms, Mamiffer, Split Cranium, Sumac |
Na rede | |
isistheband.com | |
Isis foi unha banda estadounidense de post-metal fundada en Boston, Massachusetts en 1997, aínda que posteriormente se asentou nos Ánxeles (California). O grupo tomou prestado e axudou a desenvolver o son pioneiro de artistas como Neurosis e Godflesh. A súa música, influenciada polo heavy metal, está formada por longas cancións centradas na repetición e na evolución da estrutura. O derradeiro álbum de estudio de Isis, Wavering Radiant, publicouse en maio de 2009. A banda separouse en xuño de 2010, xusto antes de editar un EP compartido cos Melvins.