İstanbul (tr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Turquía | ||||
Provincia | provincia de Istambul | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.655.924 (2023) (2.930,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.343 km² | ||||
Bañado por | Bósforo, Mar de Mármara, Mar Negro e Corno de Ouro | ||||
Altitude | 100 m | ||||
Punto máis alto | Aydos Dağı (pt) (537 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de maio de 1453 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ekrem İmamoğlu (2019–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 34000–34990 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 212 e 216 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | istanbul.gov.tr | ||||
Istanbul[1] ou Istambul,[2][3][4] (en turco: İstanbul, [is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade de Turquía, e tamén unha das cidades máis poboadas de Europa, con 11 008 790 de moradores (censo de 2007).
É tamén a capital administrativa da Provincia de Istanbul na chamada Rumelia ou Tracia Oriental. Foi chamada Bizancio (en grego: Βυζάντιον, tr. "Byzantion") ata 330, e Constantinopla ata 1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata 1930. Durante o período otomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en lingua grega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así como istimbólin, pero oficialmente empregábase o nome Ḳosṭanṭīnīye (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en turco otomán). O nome oficial de İstanbul foi imposto o 28 de marzo de 1930.
Foi sucesivamente a capital do Imperio Romano de Oriente, o Imperio Bizantino, do Imperio Otomán e máis tarde da República de Turquía até 1923.
Aínda que dende 1923 a capital de Turquía é Ancara, Istanbul segue sendo unha cidade que ten un papel fundamental na industria, no comercio e na cultura de Turquía. Alberga máis dunha ducia de universidades. É sé do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla, cabeza da Igrexa Ortodoxa.