Tipo | istmo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Oaxaca, México e Estado de Veracruz, México | ||||
| |||||
Bañado por | Golfo de México | ||||
Características | |||||
Altitude | 90 m | ||||
O istmo de Tehuantepec é unha rexión comprendida entre os estados de Oaxaca, Chiapas, Tabasco e Veracruz en México. Trátase da zona máis angosta entre os dous océanos (océano Pacífico e océano Atlántico) que posúe México. É unha zona rica en petróleo e recursos forestais. Tamén é unha das rexións con maior presenza indíxena do país. Nela conviven huaves, zapotecos e zoques.
Os principais centros de poboación do istmo de Tehuantepec son Coatzacoalcos, Minatitlán e Acayucan en Veracruz; e Juchitán de Zaragoza, Matias Romero, Salina Cruz e Santo Domingo Tehuantepec, no estado de Oaxaca. Esta última poboación confírelle o nome á rexión. Aínda que se trata dun pobo fundado por zapotecos, o nome é náhuatl, e significa Cerro do xaguar (de tecuani = xaguar; tépetl = cerro; e -co = sufixo de lugar).