Ixnay on the Hombre | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Offspring | ||||
Publicado | 4 de febreiro de 1997 | |||
Gravación | xuó - outubro de 1996 | |||
Estudio(s) | Eldorado Recording, Hollywood | |||
Duración | 42:17 | |||
Xénero(s) | skate punk, hard rock, hardcore punk, punk rock, punk metal | |||
Selo(s) | Columbia Records, Epitaph Records | |||
Produtor | Dave Jerden | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ixnay on the Hombre é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock The Offspring, publicado o 4 de febreiro de 1997 a través do selo Columbia Records, sendo o seu primeiro traballo con esta discográfica. Tras o enorme éxito comercial do seu anterior disco, Smash (1994), a banda entrou no estudio a mediados de 1996 para gravar un novo álbum. O título combina Pig Latin ("Ixnay" é a versión da palabra "nix", familiar en películas de Hollywood dos 40 e que significa "nada") e español ("hombre", "home") para trasmitir a mensaxe "que se foda o Home", e "que se foda a autoridade".[1]
Ixnay on the Hombre tivo un éxito comercial moderado tras o seu lanzamento, estreándose no número 9 da lista estadounidense Billboard 200, e foi ben recibido tanto por críticos como por fans. En abril de 1997 foi certificado platino pola RIAA por vender máis dun millón de copias nos Estados Unidos,[2] e ten vendido máis de 3 millóns de copias en todo o mundo. Lanzáronse catro sinxelos do álbum: "All I Want", "Gone Away", "The Meaning of Life", e "I Choose".