Iznogoud | |
---|---|
Personaxe de Iznogoud | |
Creador(es) | René Goscinny Jean Tabary |
Información | |
Sexo | Masculino |
Título | Visir de Bagdad |
Aliados | Dilat Larat |
Inimigos | Califa Haroun El Poussah |
Residencia | Oriente Medio |
Iznogoud (pronunciado isnogud) é un personaxe da banda deseñada de orixe francesa, creado por René Goscinny e Jean Tabary, que apareceu por primeira vez na revista Record en 1962, baixo o título de Les aventures du Calife Haroun el Poussah,[1] sendo primeiramente un personaxe secundario.[2] Logo pasaría a publicarse na revista Pilote e a aparecer nunha manchea de cómics, máis de 25 álbums, que continuaría tras a morte de Goscinny o mesmo Tabary.
O argumento principal trata do Gran Visir Iznogoud que ambiciona ser califa e elabora diversos plans para usurpar o trono do califa Haroun El Poussah