John Ronald Reuel Tolkien Tolkien na década de 1940. |
|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1892 Bloemfontein, Estado Libre de Orange (actual Suráfrica) |
---|
Morte | 2 de setembro de 1973 (81 anos) Bournemouth, Reino Unido |
---|
Causa da morte | broncopneumonía ulcera |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério de Wolvercote (pt) 51°47′29″N 1°16′28″O / 51.791364, -1.274575 Oxford |
---|
|
Rawlinson and Bosworth Professor of Anglo-Saxon (en) |
---|
1925 – 1945 ← William A. Craigie (pt) – Charles Leslie Wrenn (pt) → |
|
|
Residencia | Birmingham |
---|
Grupo étnico | Pobo inglés |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | Exeter College - inglés (–1915) Universidade de Oxford - estudos clásicos, filoloxía inglesa (1911–1915) King Edward's School (en) St. Philip's School (en) |
---|
|
Campo de traballo | Literatura, literatura inglesa, literatura fantástica, lingüística e historia da literatura |
---|
Lugar de traballo | Oxford |
---|
Ocupación | oficial (1915–1920), ilustrador, historiador, lingüista, mestre, filólogo, prosista, novelista, escritor, autor, ensaísta, profesor universitario, poeta, libretista, escritor de literatura infantil, crítico literario, tradutor, historiador da literatura |
---|
Período de actividade | 1937 - 1973 |
---|
Empregador | Universidade de Oxford (1925–1959) Universidade de Leeds, reader (en) (1920–1925) Oxford English Dictionary (1919–1920) |
---|
Membro de | |
---|
Interesado en | Conlanging (en) |
---|
Xénero artístico | Fantasía, Fantasía épica, Tradución, Crítica |
---|
Movemento | Inklings |
---|
Influencias | |
---|
Pseudónimo literario | Oxymore |
---|
Patrimonio estimado | 190.577 £ (2 de setembro de 1973) |
---|
|
Rama militar | Exército Británico |
---|
Rango militar | lieutenant (en) |
---|
Conflito | Primeira guerra mundial Ofensiva do Somme |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Familia | Família Tolkien (pt) |
---|
Cónxuxe | Edith Bratt |
---|
Fillos | John Tolkien, Michael Tolkien, Christopher Tolkien, Priscilla Reuel Tolkien |
---|
Pais | Arthur Reuel Tolkien e Mabel Suffield |
---|
Irmáns | Hilary Arthur Reuel Tolkien |
---|
|
- (2013) Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
- (2009) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo O Señor dos Aneis
- (2004) Hugo Award for Best Dramatic Presentation, Long Form (en) , premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Return of the King
- (2004) Prêmio Nebula de Melhor Roteiro (pt) , premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Return of the King
- (2003) Hugo Award for Best Dramatic Presentation, Long Form (en) , premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Two Towers
- (2003) Prêmio Nebula de Melhor Roteiro (pt) , premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Two Towers
- (2002) Prêmio Nebula de Melhor Roteiro (pt) , premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring
- (2002) Premio Hugo á mellor presentación dramática, premiado polo traballo The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring
- (1980) Mythopoeic Awards (en) , premiado polo traballo Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media
- (1978) Ditmar Award (en) , premiado polo traballo O Silmarillion
- (1978) Locus Award for Best Fantasy Novel (en) , premiado polo traballo O Silmarillion
- (28 de marzo de 1972) Comandante da Orde do Imperio Británico
- (23 de abril de 1957) membro da Royal Society of Literature
- (1957) International Fantasy Award (en) , premiado polo traballo O Señor dos Aneis
|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, Iedereen Leest (en) |
---|
Sitio web | tolkienestate.com |
---|
|
John Ronald Reuel Tolkien, citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, CBE (), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.
Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959.[1] Durante esta época mantivo unha boa relación de amizade con C. S. Lewis, formando parte ámbolos dous do mesmo grupo informal de discusión literaria. Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.[2]
Trala súa morte, o seu fillo Christopher recompilou e publicou varias obras baseadas nos manuscritos e notas non publicadas do seu pai, incluíndo O Silmarillion. Estas obras, xunto O Hobbit e O Señor dos Aneis forman unha serie de contos, poemas, historias e linguas conectadas ambientadas no mundo ficticio que Tolkien denominou Arda, coa Terra Media dentro dela. Entre 1951 e 1955 Tolkien aplicou o termo legendarium a gran parte destes escritos.[3]
Aínda que outros autores anteriores xa tiveran publicado obras de fantasía antes ca Tolkien,[4] a popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna.[5][6][7] En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945".[8] Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.[9]
- ↑ (Carpenter 1977, pp. 111, 200, 266)
- ↑ (Carpenter & Tolkien 1981, nº 334 (nota editorial))
- ↑ Carpenter & Tolkien 1981, nº 131, 153, 154, 163
- ↑ de Camp, L. Sprague (1976). Literary Swordsmen and Sorcerers: The Makers of Heroic Fantasy. Arkham House. ISBN 0-87054-076-9.
- ↑ Mitchell, Christopher. "J. R. R. Tolkien: Father of Modern Fantasy Literature". Veritas Forum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 2 de marzo de 2009.
- ↑ Drabble, Margaret, ed. (2000). Oxford companion to English Literature (en inglés) (6ª ed.). p. 352.
the greatest influence within the fantasy genre
- ↑ Clute, John; Grant, John, eds. (1999). The Encyclopedia of Fantasy (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 0-312-19869-8.
- ↑ "The 50 greatest British writers since 1945". The Times (en inglés) (Londres). 5 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2011. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ Miller, Matthew (27 de outubro de 2009). "Top-Earning Dead Celebrities". Forbes.com (en inglés).