Jack Brabham

Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Jack Brabham

(1966) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Arthur Brabham Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Hurstville, Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 2014 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Gold Coast, Australia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia hepática Editar o valor en Wikidata
EducaciónGeorges River College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector deportivo (1961–1970), piloto de Fórmula Un (1955–1970) Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
1955-1961Cooper Car Company
1962-1970Brabham Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor (1978–) Editar o valor en Wikidata
FillosGeoff Brabham, Gary Brabham, David Brabham Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0102642 Discogs: 2785241 WikiTree: Brabham-149 Find a Grave: 130040531 Editar o valor en Wikidata

Sir John Arthur "Jack" Brabham, OBE, nado o 2 de abril de 1926 e finado o 19 de maio de 2014, foi un piloto de carreiras australiano campión de Fórmula Un en 1959, 1960 e 1966. Foi o fundador do equipo de carreiras e construtor que levaba o seu nome.

Brabham foi un mecánico de voo da Royal Australian Air Force e dirixiu un pequeno taller de enxeñería antes de que empezase a correr nas carreiras de Midget Cars en 1948. Os seus éxitos cos Midget nos eventos de carreiras en Australia e Nova Zelandia levárono a Gran Bretaña para continuar a súa andaina nas carreiras. Alí formou parte do equipo de carreiras da Cooper Car Company, así como na construción de coches de carreiras. Contribuíu ao deseño dos coches con motor central que Cooper introduciu á Fórmula Un e nas 500 Millas de Indianápolis, e gañou o campionato do mundo da Fórmula Un das tempadas 1959 e 1960. En 1962 fundou a súa propia marca, Brabham, seu compañeiro australiano Ron Tauranac, que nos anos 60 converteuse no fabricante máis grande de coches de competición para clientes privados do mundo. Na tempada 1966 de Fórmula Un Brabham converteuse no primeiro e aínda o único home en gañar o campionato mundial de Fórmula Un pilotando un dos seus propios coches.

Brabham retirouse a Australia logo da tempada 1970 de Fórmula Un, onde comprou unha granxa e mantivo intereses comerciais, que incluían o fabricante de motores de competición Judd e varios garaxes.[1]

  1. "Jose Froilan Gonzalez, Ferrari's first F1 winner, dies aged 90". Autosport (Haymarket Publications). 15 de xuño de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne