![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
James Bond (tamén coñecido como 007) é un personaxe ficticio creado polo novelista inglés Ian Fleming en 1952, ano no que foi publicada a súa primeira novela, Casino Royale, onde o autor se refire a Bond coma un axente secreto.[Cómpre referencia]
Bond protagoniza as súas propias aventuras, que posúen un aspecto común: o seu traballo como espía internacional e as aventuras que se desenvolven con cada misión. A súa profesión outórgalle a denominación de axente encuberto, afiliado ao Servizo Secreto de Intelixencia británico, coñecido como MI6.
Aínda que nun primeiro momento se fixo famoso a través das novelas, agora é máis coñecido pola serie de películas creadas pola produtora EON, e aínda que se produciron dúas películas independentes e unha adaptación estadounidense da primeira novela de Fleming baixo licenza legal, só as películas de EON son polo xeral consideradas "oficiais" dentro da franquía do personaxe.
En 2007 celebrouse en Francia un coloquio organizado pola Biblioteca Nacional de Francia, as universidades de Versalles e Nanterre e o Conservatorio Europeo de Estudos Audiovisuais, denominado Historia cultural e apostas estéticas dunha saga popular, conformado por diversos científicos especializados en múltiples ámbitos de estudo a nivel internacional dispostos a analizar cientificamente o efecto de Bond, non unicamente desde o aspecto fanatista, senón nunha área de estudo e análise.