(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1965 (59 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal de San Francisco - fotografía |
Actividade | |
Ocupación | batería, música |
Período de actividade | 1991 - |
Membro de | Sleater-Kinney (2014–2019) Stephen Malkmus and the Jicks (en) (2006–2011) Sleater-Kinney (1996–2006) Wild Flag |
Xénero artístico | Punk rock, música rock e Punk |
Movemento | Riot grrrl |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Up Records (en) Matador Records Merge Records Jetset Records (en) Sub Pop Kill Rock Stars Touch and Go Records Domino Records Saddle Creek Records |
Familia | |
Cónxuxe | Sam Coomes |
Sitio web | sleater-kinney.com |
Janet Lee Weiss, nada o 24 de setembro de 1965, é unha batería estadounidense coñecida por ser antiga membro da banda Sleater-Kinney e por tocar no presente en Quasi. Tamén foi batería en Stephen Malkmus and the Jicks, deixando o grupo despois do álbum Mirror Traffic, e contribuíu no cuaro disco de The Shins, Port of Morrow (2012). Weiss tamén foi a batería do supergrupo Wild Flag.
Weiss está moi ben considerada como batería; a revista Stylus Magazine listouna en 2007 no número 48 da súa lista dos 50 mellores baterías de rock,[1] mentres que en 2014 LA Weekly colocouna no posto 12 do seu top 20.[2] En 2016 a Rolling Stone listouna no número 90 na lista dos 100 mellores baterías de rock e pop,[3] e en 2018 NME púxoa no 25 da súa lista dos mellores 32 baterías de rock.[4]