Japanese Whispers

Japanese Whispers: The Cure Singles Nov 82:Nov 83
Recompliación de The Cure
Edición6 de decembro de 1983
Gravaciónnovembro de 1982 - abril de 1983
Duración28:27
Xénero(s)New Wave
Selo(s)Fiction Records
Producido porChris Parry, Steve Nye, Robert Smith, Phil Thornalley
Cronoloxía
Pornography Japanese Whispers: The Cure Singles Nov 82:Nov 83 The Top

Japanese Whispers: The Cure Singles Nov 82:Nov 83 é un recompilatorio da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 6 de decembro de 1983 polo seu propio selo Fiction Records.

Basicamente, é un recompilatorio dos sinxelos "Let's Go to Bed", "The Walk" e "The Lovecats". Os outros temas son as caras-b destes sinxelos. Unha das cancións da época, "Mr. Pink Eyes" (a segunda cara-b de "The Lovecats") non foi incluída no álbum. Os temas foron gravados cando a banda estaba nunha fase de transición despois de que o baixista Simon Gallup deixase o grupo na xira do álbum anterior, Pornography. Para estes sinxelos, Lol Tolhurst pasouse da batería aos teclados, un rol que mantería ata a súa marcha en 1989.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne