![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1910 ![]() Xirona, España ![]() |
Morte | 28 de xuño de 1960 ![]() Sexto Distrito de Lión, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro de pulmón ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona ![]() |
Director de tese | Antonio de la Torre y del Cerro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Idade Media en Cataluña ![]() |
Ocupación | historiador, profesor universitario, escritor ![]() |
Empregador | Instituto Ramón Muntaner Universidade de Zaragoza Universidade de Barcelona ![]() |
Membro de | |
Alumnos | Josep Fontana ![]() |
Participou en | |
1933 | Cruceiro universitario polo Mediterráneo de 1933 ![]() |
Obra | |
Doutorando | Jordi Nadal i Oller ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Roser Rahola d'Espona ![]() |
Fillos | Pere Vicens i Rahola ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Jaume Vicens i Vives, nado en Xirona o 6 de xuño de 1910, e finado en Lión o 28 de xuño de 1960, foi un historiador, escritor, catedrático e editor catalán. Vicens Vives foi un intelectual inquedo e viaxeiro con contactos co catalanismo interior e exterior, con Josep Pla e con Josep Tarradellas.[1] Sen ser afín ó Opus Dei, tiña amizade con algúns dos principais intelectuais que o integraban, e o seu nome chegou a soar para ocupar algún cargo de responsabilidade en Madrid. «Era un home importante», sentenza o membro do IEC, Antoni Simon. Grazas a isto, Vives conseguiu levar cara a adiante a historiografía contemporánea.[2] A súa obra de investigación sobre a historia do século XV na Coroa de Aragón e sobre a figura de Fernando II de Aragón está considerada de referencia obrigada.[3]
Chegou á política a través da historia, onde atopou a explicación do seu presente. Segundo Pla, era "se cadra o intelectual que se fixo unha idea máis completa e directa".[4] En verbas do expresidente da Generalitat, Jordi Pujol, "Vicens tiña a idea dunha España aberta, moderna, esponxosa, quen de sumar vontades e de aceptar un intervencionismo de Cataluña en España. Coa vontade de que España fose cara a adiante e se evitasen novos episodios traumáticos".[5]
O seu forte pragmatismo e unha visión integradora permitíronlle acceder a figuras de diferentes ideoloxías e ser un "home-ponte" entre sensibilidades catalanistas e o réxime franquista. Esta ollada integradora explica as mensaxes de dó de personaxes tan diversos como Juan de Borbón y Battenberg, Josep Tarradellas ou o comité de Barcelona do prohibido PSUC.[6]
A súa morte puxo fin de súpeto a unha traxectoria política que podería ter xogado un rol transcendental na transición democrática española, optando mesmo a ser presidente da Generalitat.[7]
Recollín centares de milleiros de feitos concretos e por está razón estou tranquilo. Certamente, podería facer isto toda a miña vida.Jaume Vicens i Vives. Carta a Josep Fontana en 1957[8]
He recollit centenars de milers de fets concrets i per aquesta raó estic tranquil. Certament, hauria pogut fer això tota la meva vida