JavaScript | |
---|---|
![]() | |
Paradigma | Baseado en prototipos, Programación orientada a obxectos |
Data | 4 de decembro de 1995 |
Deseñador | Brendan Eich |
Desenvolvedor | Netscape Communications, Mozilla Foundation |
Última versión | 1.8.5[1] |
Tipo de dato | Débil, dinámico |
Postas en funcionamento | KJS, Rhino, SpiderMonkey, V8, Carakan, Chakra |
Dialectos | JavaScript estándar e JScript (Javascript para IE) |
Influído por | Java |
Influíu | ActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript |
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C.
Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente[2], xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.[3]
Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.