O emblema Jeet Kune Do. Os caracteres chineses do símbolo Taijitu indican: "Tendo o non camiño como camiño" e "Non limitación como limitación". As frechas representan o movemento e cambio sen fin do universo.
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Jeet Kune Do (en chinés: 截拳道; cantonés: Jitkyùndou; pinyin: Jiéquándào, lit. "O camiño do puño que intercepta"), tamén chamado Jeet Kun Do ou JKD, é unha arte marcial chinesa desenvolvida por Bruce Lee.