![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jerry Fulton Cantrell Jr. ![]() 18 de marzo de 1966 ![]() Tacoma, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, cantautor, guitarrista, compositor, produtor musical ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Metal alternativo e Grunge ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | jerrycantrell.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jerry Fulton Cantrell Jr., nado o 18 de marzo de 1966[1] en Tacoma, Washington, é o guitarrista e principal compositor da banda de rock alternativo Alice in Chains dende a formación do grupo en 1987.[2] O grupo acadou a fama internacional a principios dos anos 90 durante o movemento grunge de Seattle e é coñecido polo seu distintivo estilo vocal[3][4] e as voces harmonizadas de entre Cantrell e Layne Staley[3] (e posteriormente de Cantrell e William DuVall).[5] Cantrell comezou a cantar as voces principais no EP Sap de 1992. Tras a morte de Staley en 2002 Cantrell tomou o papel de vocalista principal de Alice in Chains nos álbums posteriores da banda, Black Gives Way to Blue (2009), The Devil Put Dinosaurs Here (2013) e Rainier Fog (2018),[6][7] facendo DuVall as harmonías con el e cantando as partes de Staley das vellas cancións ao vivo.[8]
Tamén ten unha carreira en solitario, tendo publicados os álbums Boggy Depot en 1998 e Degradation Trip Volumes 1 & 2 en 2002. Cantrell tamén colaborou e actuou conn Heart, Ozzy Osbourne, Metallica, Pantera, Circus of Power, Metal Church, Gov't Mule, Damageplan, Pearl Jam, The Cult, Stone Temple Pilots, Danzig, Glenn Hughes, Duff McKagan e Deftones, entre outros.
Cantrell foi nomeado "Riff Lord" pola revista británica de hard rock/metal Metal Hammer en 2006.[9] A revista Guitar World colocou a Cantrell no número 38 da súa lista dos "100 mellores guitarristas de heavy metal de todos os tempos" en 2004,[10] e no 37 da lista dos "Mellores guitarristas de todos os tempos" en 2012. Guitar World tamén situou ao solo de Cantrell en "Man in the Box" no 77 da lista dos "100 mellores solos de guitarra" en 2008.[11]
Tamén colaborou nas bandas sonoras de The Cable Guy (1996), John Wick: Chapter 2 (2017) e Dark Nights: Metal (2018), e realizou cameos en filmes como Jerry Maguire (1996), Rock Slyde (2009) e Deadwood: The Movie. Cantrell tamén actuou nos mockumentais de Alice in Chains The Nona Tapes (1995) e AIC 23 (2013).