Jinfengopteryx

Jinfengopteryx
Rango fósil: Cretáceo inferior?
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Suborde: Theropoda
Familia: Troodontidae
Xénero: Jinfengopteryx
Ji et al., 2005
Especies

J. elegans Ji et al., 2005 (tipo)

Jinfengopteryx é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo trodóntido, que viviu no comezo do período cretáceo, hai aproximadamente entre 143 e 128 millóns de anos, entre o berriasiano e ohauteriviano, o que na actualidade é Asia. Os restos fósiles atopáronse na provincia chinesa de Hebei, na Formación Qiaotou en xullo de 2004. A súa datación é incerta, xa que pode ser tanto do Xurásico superior como do Cretáceo inferior. Eses restos forman un espécime (número CAGS-IG-04-0801), do que temos un esqueleto articulado case completo coas impresións de plumas. Tamén se preservaron varias estruturas ovais pequenas de cor avermellada que poderían ser vestixios de ovos, ou froitos secos ou sementes comidas polo terópodo. De ser así, corroboraría a teoría, baseada na forma dental, de que os trodóntidos eran herbívoros ou omnívoros. O seu nome procede de Jinfeng, o 'fénix áureo', nai de tódalas aves na mitoloxía chinesa e do grego πτερυξ pteryx, que significa 'pluma'.

Comparación de tamaños entre Jinfengopteryx e un ser humano.

Este animal presentaba unha pouta alongada no segundo dedo das súas patas traseiras. Estas e outras características do seu esqueletoindican que era membro da familia Troodontidae. Os restos coñecidos do jinfengopterix preserváronse con amplas impresións de plumas penáceas, pero carecía doutras aptas para o voo nas súas extremidades traseiras, que si están presentes en dinosauros emparentados como no Microraptor e o Pedopenna.[1]

  1. Ji, Q., Ji, S., Lu, J., You, H., Chen, W., Liu, Y., and Liu, Y. (2005). "First avialan bird from China (Jinfengopteryx elegans gen. et sp. nov.)." Geological Bulletin of China, 24(3): 197-205.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne