Johann Wolfgang von Goethe

Modelo:BiografíaJohann Wolfgang von Goethe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Wolfgang Goethe Editar o valor en Wikidata
28 de agosto de 1749 Editar o valor en Wikidata
Frankfurt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 1832 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Weimar (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWeimarer Fürstengruft (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo - xurisprudencia (1770–1771)
Universidade de Leipzig - xurisprudencia (1765–1768) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía, meteoroloxía, xeoloxía e física Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de teatro, aforista, autor de diarios, polímata, diplomático, estadista, autobiógrafo, mineraloxista, teórico da arte, escritor, zoólogo, libretista, avogado, compositor, artista visual, dramaturgo, letrado, filósofo, teólogo, pintor, botánico, político, novelista, xurista, crítico musical, físico, crítico de arte, escritor de viaxes, bibliotecario, poeta, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesia lírica (pt) Traducir, drama e Traxedia Editar o valor en Wikidata
MovementoSturm und Drang, Classicismo de Weimar (pt) Traducir e Ilustración Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAdam Friedrich Oeser, Justus Christian Loder e Jean Schweighaeuser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaGoethe Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaGöethe Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaGoethe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeChristiane Vulpius Editar o valor en Wikidata
ParellaLili Schönemann Editar o valor en Wikidata
FillosAugust von Goethe
 () Christiane Vulpius Editar o valor en Wikidata
PaisJohann Caspar Goethe Editar o valor en Wikidata  e Catharina Elisabeth Goethe Editar o valor en Wikidata
IrmánsCornelia Schlosser Editar o valor en Wikidata
ParentesPeter im Baumgarten, foster child Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Ninth Edition (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0324473 Allocine: 37170 Allmovie: p309862 IBDB: 5928
Youtube: UCHiwbcO8Y28R2-4tAfikbZw BNE: XX1156503 Bitraga: 917 Dialnet: 327112 iTunes: 14236141 Musicbrainz: f66b7fa3-1731-40ec-a2d9-710aa9e07c5d Discogs: 573251 IMSLP: Category:Goethe,_Johann_Wolfgang_von WikiTree: Goethe-22 Find a Grave: 1185 Tebeosfera: von_goethe_johann_wolfgang Editar o valor en Wikidata

Johann Wolfgang von Goethe (De-Johann_Wolfgang_von_Goethe.ogg [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas. Ademais, consérvanse numerosos fragmentos literarios e científicos, máis de 10.000 cartas, e preto de 3.000 debuxos.

Unha celebridade literaria á idade de 25 anos, Goethe foi ennobrecido polo Duque de Saxonia-Weimar, Carl August en 1782 despois de tomar a súa residencia alí en novembro de 1775 tralo éxito da súa primeira novela, As mágoas do mozo Werther. Foi participante no movemento literario Sturm und Drang. Durante os seus primeiros dez anos en Weimar, Goethe serviu como membro do consello privado do duque, polo que tomou parte nas comisións de guerra, supervisou a apertura das minas de prata nos arredores de Ilmenau, e implantou unha serie de reformas administrativas na Universidade de Jena. Tamén contribuíu na creación do parque botánico de Weimar e na reconstrución do palacio ducal, que en 1998 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1]

Despois de volver dunha xira por Italia en 1788, publicou o seu mellor traballo científico, a Metamorfose das plantas. En 1791 converteuse en director do teatro de Weimar, e en 1794 comezou a amizade co dramaturgo, historiador e filósofo Friedrich Schiller, cuxas obras estreou ata a morte de Schiller en 1805. Durante este período, Goethe publicou a súa segunda novela, Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister, o verso épico Hermann e Dorothea, e en 1808, a primeira parte do seu celebrado drama, Fausto. As súas conversas e empresas comúns durante a década de 1790 con Schiller, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder, Alexander von Humboldt, Wilhelm von Humboldt, August e Friedrich Schlegel teñen sido denominados colectivamente Clasicismo de Weimar.

Arthur Schopenhauer citou a Wilhelm Meister's Apprenticeship como unha das catro novelas máis grandes xamais escritas, e Ralph Waldo Emerson seleccionou a Goethe, xunto con Platón, Napoleón e William Shakespeare, como un dos seis "Homes Representativos" na súa obra homónima. Os comentarios e observacións de Goethe son a base de numerosos traballos biográficos, sendo o máis notable Conversations with Goethe de Johann Peter Eckermann. Hai frecuentes referencias ós proverbios e máximas de Goethe ó longo do traballo de Friedrich Nietzsche e numerosas alusións a Goethe nas novelas de Hermann Hesse e Thomas Mann, así como nos escritos psicolóxicos de Jung. Os poemas de Goethe foron usados polos grandes compositores do século XVIII e XIX, como Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Robert Schumann, Johannes Brahms, Charles Gounod, Richard Wagner, Hugo Wolf e Gustav Mahler.

De intelixencia superdotada e provisto dunha enorme e enfermiza curiosidade, fixo practicamente de todo e chegou a acumular unha omnímoda cultura. Primeiramente estudou linguas, aínda que as súas inclinacións ían pola arte e nunca, ao longo de toda a súa vida, deixou de cultivar o debuxo; á vez que escribía os seus primeiros poemas, interesouse por outras ramas do coñecemento como a xeoloxía, a química e a medicina.

  1. UNESCO (ed.). "Classical Weimar UNESCO Justification". Justification for UNESCO Heritage Cites. Consultado o 7 de xuño de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne