Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1933 Anstey, Reino Unido (pt) |
Morte | 8 de setembro de 1966 (33 anos) Koblenz, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
John Malcolm Taylor nado o 23 de marzo de 1933 e finado o 8 de setembro de 1966[1] foi un piloto de carreiras de Inglaterra. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 e tamén participou en varias carreiras for do campionato de Fórmula Un.[1] O seu debut na Fórmula Un foi o 11 de xullo de 1964 no Gran Premio do Reino Unido de 1964 en Brands Hatch pilotando un Cooper - Ford T73 dun litro e 4 cilindros, terminou 14º, 24 voltas para abaixo, despois dun pit-stop prolongado debido a un problema na caixa de cambios.[1] Taylor non competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un, en 1965, pero continuou a pilotar en carreiras fora do campionato. Regresou ás carreiras de Gran Premio en 1966 pilotando un Brabham–BRM de dous litros para o privado David Bridges. A súa primeira carreira na tempada foi o Gran Premio de Francia de 1966 en Reims onde logrou o seu único punto de campionato. Seguiron dos oitavos lugares no Gran Premio do Reino Unido de 1966 en Brands Hatch e no Gran Premio dos Países Baixos de 1966 en Zandvoort.[1]
Taylor morreu despois dun accidente no Gran Premio de Alemaña de 1966, cando o Brabham chocou co Matra de Jacky Ickx na primeira volta da carreira. Saíu dos restos gravemente queimado e morreu das súas feridas catro semanas despois.[1]