John Barrymore

Modelo:BiografíaJohn Barrymore

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática
insuficiencia renal
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Mount Vernon Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing's College School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro, actor, actor de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1903 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMaurice Barrymore e William Collier Sr. Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Barrymore Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElaine Barrie (1936–1940)
Dolores Costello (1928–1934)
Blanche Oelrichs (1920–1928)
Katherine Corri Harris (1910–1917) Editar o valor en Wikidata
FillosDiana Barrymore
 () Blanche Oelrichs
John Drew Barrymore
 () Dolores Costello Editar o valor en Wikidata
PaisMaurice Barrymore Editar o valor en Wikidata  e Georgiana Drew Editar o valor en Wikidata
IrmánsEthel Barrymore
Lionel Barrymore Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000858 Allocine: 6751 Rottentomatoes: celebrity/john_barrymore Allmovie: an12121 85121 TV.com: people/john-barrymore IBDB: 31141
BNE: XX1075442 Musicbrainz: c394231f-dfbe-4835-9e5f-f8dad8504b37 Discogs: 1701561 WikiTree: Blyth-145 Find a Grave: 60 Editar o valor en Wikidata

John Barrymore, nado como John Sidney Blyth en Filadelfia (Pensilvania) o 14 ou 15 de febreiro de 1882 e finado nos Ánxeles (California) o 29 de maio de 1942, foi un actor estadounidense de teatro, cine e radio. Membro das familias de actores Drew e Barrymore (cuxo representante actual máis coñecido é Drew Barrymore), tentou afastarse inicialmente da actuación probando unha carreira como artista, malia que no 1900 actuou no teatro xunto ó seu pai Maurice Barrymore e posteriormente coa súa irmá Ethel no ano seguinte. Comezou a súa carreira oficialmente no ano 1903 gañando atención como actor de teatro en comedias lixeiras nos comezos, pasando por representacións de varias obras dramáticas ata culminar nas producións de Justice (1916), Richard III (1920) e Hamlet (1922).

Após o seu éxito coa obra de Hamlet en Londres no ano 1925, Barrymore deixou o teatro durante uns 14 anos, centrándose ó completo no cinema. Na época do cine mudo obtivo unha boa recepción con filmes como Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1920), Sherlock Holmes (1922) e The Sea Beast (1926). Foi durante este período onde recibiu o alcume de "o Gran Perfil". A súa voz, traballada no teatro, foi unha baza para el nos comezos do cine sonoro, e tres dos seus filmes desta época chegaron a ser introducidos no National Film Registry: Grand Hotel (1932), Twentieth Century (1934) e Midnight (1939).

A súa vida persoal foi un foco de atención dos medios tanto antes do seu pasamento coma posteriormente. Tivo problemas de alcoholismo dende os catorce anos de idade, casou e divorciouse en catro ocasións, e nos últimos anos da súa vida declarouse en bancarrota. Gran parte dos seus últimos traballos incluían a parodia de si mesmo e o retrato de artistas acabados bébedos. O seu obituario no The Washington Post indicou que "co paso dos anos – e segundo a súa vida privada se foi volvendo máis pública – converteuse, malia o seu xenio no teatro, nun personaxe de prensa amarela".[1] Malia que varios historiadores do cinema opinaron que a súa contribución o medio comezou a esvaecerse após mediados dos anos 1930,[2] un dos seus biógrafos, Martin Norden, considerouno como "probablemente o actor máis influente e idolatrado do seu tempo".[3]

  1. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome WP: Obit
  2. McCaffrey, Donald W.; Jacobs, Christopher P. (1999). Guide to the Silent Years of American Cinema. Westport, CT: Greenwood Publishing Group. p. 32. ISBN 978-0-313-30345-6. 
  3. Norden 2000.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne