![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Richard Deacon ![]() 19 de agosto de 1951 ![]() Leicester, Reino Unido ![]() |
Relixión | Cristián ![]() |
Educación | King's College de Londres Beauchamp College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | baixista, guitarrista, cantautor, músico ![]() |
Período de actividade | 1965 ![]() ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock ![]() |
Instrumento | Baixo elétrico (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
John Richard Deacon, nado en Leicester o 19 de agosto de 1951, é un músico inglés, hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock Queen. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de Queen, incluíndo os sinxelos "You're My Best Friend", "Spread Your Wings", "Back Chat", "I Want to Break Free" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos Estados Unidos, "Another One Bites the Dust", así como outras cancións de practicamente todos os discos de Queen. Tocou tamén a guitarra, o piano e a guitarra clásica en varios álbums, así como os teclados e sintetizadores, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e a súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do rock.
Despois do espectáculo Freddie Mercury Tribute Concert, en 1992, o baixista presentouse con Queen e mais co amigo de Mercury, Elton John, nunha única interpretación: "The Show Must Go On" (Elton John inicialmente cantara a canción coa banda no tributo a Freddie Mercury). Deacon contribuíu tamén noutra canción de Queen: "No-One But You (Only The Good Die Young)", lanzada en 1997 no álbum Queen Rocks, e despois diso retirouse da industria da música.
Deacon decidiu non participar no supergrupo Queen+Paul Rodgers, mais apoiou a iniciativa dos excompañeiros de banda.