John Winston Ono Lennon[1], nado John Winston Lennon en Liverpool o 9 de outubro de 1940 e finado en Nova York o 8 de decembro de 1980, máis coñecido por John Lennon, foi un músico e compositor británico que saltou á fama como un dos membros fundadores de The Beatles, unha banda de rock británico activa durante a década de 1960, e recoñecida como a de máis éxito comercial e aclamada pola crítica na historia da música popular. Xunto con Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas do século XX.
Naceu e creceu en Liverpool, onde sendo adolescente se familiarizou co xénero musical skiffle, formando a banda The Quarrymen, que posteriormente, en 1960, se convertería en The Beatles. Cando o grupo comezou a desintegrarse ata a súa disolución a finais desa década, Lennon iniciou unha carreira coma solista, marcada por varios álbums aclamados pola crítica, incluíndo John Lennon/Plastic Ono Band e Imagine, e cancións icónicas coma «Give Peace a Chance» e «Imagine».
Demostrou un carácter rebelde e un enxeño mordaz na música, o cine, a literatura e o debuxo, así como nas súas declaracións en conferencias de prensa e entrevistas. Ademais, el e a súa muller, Yoko Ono, estiveron sempre rodeados da polémica debido ó seu constante activismo pola paz. En 1971 mudouse a Nova York, onde a súa oposición á guerra de Vietnam deu lugar a numerosos intentos por parte do goberno de Richard Nixon de expulsalo do país; mentres, as súas cancións foron adoptadas coma himnos polo movemento contra a guerra. Despois do seu autoimposto retiro en 1975 da industria musical, para dedicarlle máis tempo á súa familia, volveu en 1980 con Double Fantasy. Lennon foi asasinado tres semanas despois dese lanzamento.
No ano 2012, as vendas de Lennon coma solista nos Estados Unidos superaban os catorce millóns de unidades e, ben coma intérprete, autor ou coautor, é responsábel de vinte e sete números un no Billboard Hot 100. Unha enquisa da BBC en 2002, situouno no oitavo posto dos «100 británicos máis importantes», mentres que en 2008 foi cualificado pola revista Rolling Stone como o quinto mellor cantante de tódolos tempos. Despois da súa morte foi incluído en 1987 no Salón da Fama dos Compositores[2], e no Salón da Fama do Rock en 1994[3].
Lennon had never liked his middle name, which was given to him during wartime patriotism after Sir Winston Churchill. He later learned that he could not eliminate the Winston from his name, as UK law dictates that a person is unable to fully revoke a name given at birth. As a result, his official name became John Winston Ono Lennon, with the ten 'O's he wished to avoid. After the ceremony Lennon and Ono went to EMI Studios at Abbey Road where they recorded the heartbeats which were later included on The Wedding Album.