![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1608 ![]() Cheapside (Reino de Inglaterra) ![]() |
Morte | 8 de novembro de 1674 ![]() Londres (Reino de Inglaterra) ![]() |
Causa da morte | insuficiencia renal ![]() |
Lugar de sepultura | St Giles-without-Cripplegate (en) ![]() ![]() |
Residencia | Chalfont St Giles (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Anglicanismo ![]() |
Educación | Christ's College St Paul's School (pt) ![]() Jesus College ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fiction (en) ![]() ![]() |
Ocupación | poeta ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Powell Elizabeth Minshull Katherine Woodcock ![]() |
Fillos | Katherine Milton ( ![]() Anne Milton ( ![]() Mary Milton ( ![]() John Milton ( ![]() Deborah Milton ( ![]() ![]() |
Pais | John Milton ![]() ![]() |
Irmáns | Christopher Milton Anne Milton ![]() |
Parentes | Edward Phillips, sobriño ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мильтон Джон) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
John Milton, nado en Londres o 9 de decembro de 1608 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1674 foi un poeta e ensaísta inglés, coñecido especialmente polo seu poema épico Paradise Lost. Politicamente foi unha figura importante entre os que apoiaron a Mancomunidade de Inglaterra. Ocupou o posto de ministro de linguas estranxeiras baixo o mandato de Oliver Cromwell e os seus tratados políticos foron consultados para a redacción da Constitución dos Estados Unidos de América.[1]
Poeticamente, Milton é unha das figuras máis importantes do panorama literario inglés, sendo en ocasións situado ao mesmo nivel que Shakespeare. A influencia de Milton na literatura posterior é ampla e variada: atribúese á influencia da súa obra a aceptación e difusión do verso branco en poesía, e, especialmente durante o Romanticismo, as alusións á súa obra alcanzaron un nivel similar ao gozado polas referencias clásicas.[2] A propia personalidade de Milton foi en ocasións debatida e criticada, en especial, a forma na que se debuxou a si mesmo nalgunhas das súas obras, sobre todo na Defensio.[3]