![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1849 ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | 11 de febreiro de 1917 ![]() París, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green ![]() |
Educación | Real Academia de Arte ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Reino Unido Roma Londres ![]() |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico ![]() |
Membro de | Real Academia de Arte (1885–) ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Irmandade Prerrafaelista, neo-Pompeian (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Esther Kenworthy Waterhouse (1883–) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
John William Waterhouse, nado o 6 de abril de 1849 en Roma e finado o 10 de febreiro de 1917 en Londres, foi un pintor británico de estio Pre-Rafaelita. A súa obra é varias décadas posterior ao fin da Irmandade Pre-Rafaelita, que tivo o seu apoxeo a mediados do século XIX, polo que recibiu o sobrenome de "o Pre-Rafaelita moderno". Influenciado tamén por outros artistas impresionistas contemporáneos, a súa obra é coñecida pola súa representación de mulleres da mitoloxía grega e das lendas artúricas.
Nado en Italia, os seus pais eran ámbolos dous pintores ingleses. Trasladouse posteriormente a Londres, asistindo á Royal Academy of Art. Ó pouco tempo comezou a expoñer obras nas exhibicións anuais de verán, centrándose en crear grandes cadros con escenas da vida diaria e da mitoloxía da Grecia antiga. Máis tarde adoptou o estilo Pre-Rafaelita de pintura malia o feito de que xa pasara de moda na escena artística de Gran Bretaña.
Aínda sen ser tan coñecido como outros artistas Pre-Rafaelitas como Dante Gabriel Rossetti, John Everett Millais ou William Holman Hunt, a obra de Waterhouse atópase exposta en varias das principais galerías de arte británicas, e a Royal Academy of Art organizou unha retrospectiva da súa obra no ano 2009.