Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015[1] até o 26 de febreiro de 2022.[2] No xuízo aos líderes do proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 9 anos de cadea e de inhabilitación polo delito de sedición,[3] sendo indultado en 2021 polo goberno español.[4]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome sent324