![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Josep Rull i Andreu, nado en Terrassa o 2 de setembro de 1968, é un político e avogado catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e anteriormente de Convergència Democràtica de Catalunya.
Licenciado en dereito pola UAB, militou desde novo na Joventut Nacionalista de Catalunya e posteriormente en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido do que foi secretario entre 2014 e 2016. Foi deputado polo Parlament de Catalunya entre 1997 e 2018, cámara na que foi Secretario Terceiro baixo a presidencia de Núria de Gispert, entre 2010 e 2015. Foi conselleiro de Territorio e Sostenibilidade do executivo catalán entre xaneiro de 2016 e outubro de 2017, cando foi cesado tras a aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña.
Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese mesmo ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 10 anos e medio de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.[1]